Este sabado volve o Trofeo Triangular Vila de Celeiro
AMariñaXa
Este sabado 10 volve o Trofeo Triangular Vila de Celeiro e que este ano chega a súa 4 edición xogarase no campo de Travías de Galdo.
9 sep 2022
Este sabado 10 de setembro volve o Trofeo Triangular Vila de Celeiro e que este ano chega a súa 4 edición xogarase no campo de fútbol de Travías de Galdo.
Nesta ocasión contará cos equipos Celeiro Club del Mar, SD Candelaria e UD Folgueiro, e o torneo comezará ás 17.oo horas e rematará ás 19.00 horas co enfrontamento do UD Folgueiro contra a SD Candelaria.
Dende a organización animan á veciñanza a achegarse ata o campo para "desfrutar do futbol mariñao".