Este sábado será o I Día da Bicicleta do Valadouro
AMariñaXa
O Valadouro acollerá o vindeiro sábado 9 de xullo o I Día da Bicicleta, o cal celebrarán facendo unha ruta familiar sinxela de 14 km.
7 Xul 2022
O Concello do Valadouro acollerá o sábado 9 de xullo o seu I Día da Bicicleta, o cal celebrarán facendo unha ruta familiar sinxela de aproximadamente 14 quilómetros.
Esta actividade lúdico-familiar contará con avituallamento e sorteos de lotes de produtos entre todos os participantes.
Para participar será necesario inscribirse de balde nas oficinas da Casa da Cultura entre o 21 de xuño e o 2 de xullo de 10.00 horas a 14.00 horas e de 16.00 horas a 20.00 horas.
A retirada de camisetas poderase facer o mesmo día 9 de xullo a partir das 16.00 horas no local social do parque Concepción Arenal. A cita terá saída dende o parque ás 17.00 horas.