Este sábado 29 de xullo celebrarase unha nova edición do Zorza Celtas de Foz
AMariñaXa
Este sábado 29 de xullo a partir das 20.00 horas, celebrarase unha nova edición do Zorza Celtas do Celtas de Foz
24 Xul 2023
Este sábado 29 de xullo a partir das 20.00 horas, celebrarase unha nova edición do Zorza Celtas do Celtas de Foz, un encontro gastronómico creado polo club focego para promocionarse e recadar fondos para a nova tempada.
Este ano sevirase un prato de zorza con patacas, pan, queixo con marmelo, viño ou auga, por 10 euros. Esta cita será na praza do Conde de Fontao e estará amenizada polos DJs Di'Remi e Di'Pacolo.