Este domingo chega a Burela a divertida comedia 'Os 2000 o musical'

AMariñaXa
Burela celebrará o Día de Galicia co concerto de De Vacas e cunha pancetada. Será na praza do Concello a partir das oito da tarde. 
los 2000 musical burela 2023 1
5 Out 2023

Este domingo 8 chega a Burela 'Os 2000 o musical', unha divertida comedia musical cos grandes éxitos musicais dos 2000 e os mesmos protagonistas de 'O musical dos 80 e 90'.

Esta cita será no auditorio municipal da casa da cultura de Burela ás 19.00 horas. As entradas xa están á venda.

Se os 80 e os 90 fixo moverse ao público con cancións boas a través da nostalxia; os 2000 converterase no musical máis animado de todos os tempos grazas ás súas cancións de praia que levan a unha festa continúa, onde humor, temazos musicais e recordos indelebles farannos cantar, bailar e gozar como nunca. 'Yo quiero bailar' é o subtítulo deste musical... porque é momento xa de vivir a vida con toda a súa intensidade.

los 2000 musical burela 2023
0.15356588363647