Este domingo será a VIII Carrreira das praias de Barreiros
Este domingo será a VIII Carrreira das praias posta en marcha o ano pasado polo Concello de Barreiros na súa iniciativa +Kms Barreiros, no que hai inscritas máis de 200 persoas.
A saída será o día 17 de abril ás 11:00 horas coas probas infantiles dende a praia de Altar, e ás 11.30 será a quenda dos adultos con saída dende a praia de Arealonga, Santiago de Reinante, xunto Restaurante La Yenka. Existirá un avituallamento líquido a metade de carreira.
A recollida de dorsais será no Hotel Ría do Masma, en Punta Anguieira de San Bartolo, que será onde está situada a zona meta, e poderanse recolle ata 30 minutos antes da carreira na mesa adicada a tal fin diante do Hotel.
Con este percorrido, os participantes pasarán por toda-las praias de mar do Concello de Barreiros, Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Fontela-Balea, Coto, Remior, San Bartolo e Altar. Tamén pasarán polo Castro de San Miguel de Reinante, carreiros de pescadores e paseo marítimo, algo que fai esta carreira especial.
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto masculino como femenino. Así mesmo haberá premio para os gañadores absolutos masculino e femenino e a organización ofrecerá obsequios varios e avituallamento final ós participantes. Por tratarse dunha proba deportiva popular non haberá premios en metálico.
A inscrición está aberta na www.championchipnorte.com e nos vindeiros dias estará dispoñible a web do evento www.maiskmsbareiros.gal.