Este domingo será a Andaina e Trailiño Alboi, en Viveiro
A Asociación Deportiva Cultural Alboi en colaboración co Concello de Viveiro organiza a Andaina e Trailiño Alboi este domingo 4 de febreiro do 2024.
Xa hai anotados un total de 236 participantes, 100 para a andaina e 136 para o trailiño. Será un percorrido de 12.5 quilómetros polos montes de Viveiro, cun desnivel positivo 600 metros, e estará sinalizado con cinta de cor verde, sinais e pintadas no asfalto.
A saída da andaina e o trail será dende a praza Maior, ás 10.00 e ás 11.00 horas, respectivamente. E chegada tamén á praza Maiora arredor das 14.00 horas. Haberá zonas de avituallamento en Cunqueiro, Km 6, líquido e sólido, e na meta.
A recollida de dorsais serán no salón multiusos do Concello o sábado 3 de 18.30 a 20.30 horas e o domingo 4 de 9.00 a 10.45 horas.
Finalizadas as probas, na praza Maior poderanse degustar uns pinchos no salón multiusos do Concello. Para calquer dúbida ou consulta, haberá que escribir a alboiadc@gmail.com ou chamar ao 603 348 937.