Estanse a facer obras na cuberta do pavillón polideportivo da rúa Alfredo Deaño de Ribadeo

AMariñaXa
O Concello realiza obras de mantemento na cuberta do pavillón polideportivo da rúa Alfredo Deaño. O investimento ascende a 13.000 euros.
pavillon ribadeo rua alfredo deano
19 Ago 2021

O Concello realiza obras de mantemento na cuberta do pavillón polideportivo da rúa Alfredo Deaño. O investimento ascende a 13.000 euros. O obxectivo é rematar coas filtracións de auga que se estaban a producir nos vestiarios e nos baños. 

Así, estanse a acometer unhas obras de mantemento na parte traseira da cuberta do pavillón polideportivo onde están os vestiarios e os baños. "Nesa zona había unhas filtracións de auga debido á mala construción desa cuberta, que xa deu problemas desde o principio, e ao longo do tempo vanse abrindo máis fisuras e debido ao clima que temos aquí, pola chuvia, hai moitas máis filtracións”, din dende o Concello.

Deuselle unha capa de illamento, con varias mans dun produto, "que esperemos que faga efecto e que quede arranxado este problema. Tamén se reparou unha parte da cuberta superior que empezaba a ter filtracións”, engaden dende o Concello.

0.19150495529175