Estanse a facer melloras na N-642 antiga ao seu paso por Barreiros e Foz

AMariñaXa
Isabel Rodríguez informa das melloras que executa o Mitma na antiga N-642 na As obras, contan con un investimento de 48.324 euros
NTIGA N 642 NA ESPInEIRA
2 Dec 2021

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou  dos traballos que está a executar o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a mellora da rodadura da N-642 antiga nos concellos de Barreiros e Foz, no lugar da Espiñeira.

Isabel Rodríguez sinalou que as obras, que comezaron o martes, contan con un investimento de 48.324 euros. O obxectivo de esta actuación é a reparación do firme, que se atopaba en mal estado. Os traballos consisten no aglomerado e posterior pintura da vía e está previsto que rematen nesta semana. 

A subdelegada explicou que con esta actuación o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana atende unha demanda veciñal que lle trasladaron os responsables municipais de Barreiros e Foz. 

0.7592830657959