Esta sábado Comeza a XXXII Semana Náutica de Ribadeo
AMariñaXa
Desde hoxe e ata o día 21 de agosto os amantes da navegación poderán desfrutar en Ribadeo da trixésima segunda edición da Semana Náutica.
4 Ago 2022
Desde hoxe e ata o día 21 de agosto os visitantes e amantes da navegación poderán desfrutar en Ribadeo da trixésima segunda edición da Semana Náutica.
Esta actividade deportiva, todo un clásico do verán, arrincará este sábado 6 coas probas da novena edición do trofeo dos comerciantes Acisa- Acia e está organizada polo Real Club Náutico desta vila mariñá.
Este evento é unha oportunidade para descubrir as actividades náutico deportivas que se desenvolven nesta localidade e supón un aliciente máis para o turismo da zona.