Esta madrugada Adrián Ben debutará nos Xogos Olímpicos

AMariñaXa
Adrián Ben competirá na proba de 800 metros este sábado 31 de xullo ás 2.50 horas da madrugada segundo a hora española.
adrian ben tokyo 2020
30 Xul 2021

Adrián Ben competirá na proba de 800 metros este sábado 31 de xullo ás 2.50 horas da madrugada segundo a hora española. No caso de lograr a súa clasificación nesta primeira fase, o viveirense podería competir na semifinal, o 1 de agosto ás 13:25, e posteriormente nunha hipotética final que se celebra o 4 de agosto ás 14:05, de novo ambas segundo a hora española. 

Co obxectivo de apoialo durante estes días, o Concello de Viveiro colocou varias pancartas na casa consistorial para animar ao atleta. Esta será a primeira cita olímpica para o deportista, pero Adrián xa acumula varias participacións e éxitos noutras competicións internacionais de calibre. 

adrian ben pancarta
0.18838691711426