Esta fin de semana volve a Festa do Caldo de Barreiros

AMariñaXa
A Asociación Cultural Festas do San Rosendo de San Miguel de Reinante organiza o vindeiro sábado 28 de xaneiro a II edición da Festa do Caldo.
23 ene 2023

A Asociación Cultural Festas do San Rosendo de San Miguel de Reinante organiza o vindeiro sábado 28 de xaneiro a II edición da Festa do Caldo.

Logo de dous anos de parón por mor da pandemia da covid-19 a comisión de Festas do San Rosendo volve a poñerse mans á obra para ofrecerlles a veciñas e veciños de San Miguel, e a todos os achegados que os queiran acompañar, unha xornada de comida tradicional centrada no prato máis representativo da cociña galega.

O acontecemento terá lugar nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, mesmo emprazamento no que se realizou a primeira edición. Abriranse as portas a partir das 21.00 da tarde, e comezarase a servir a cea dende as 21.30. Esta consistirá en caldo de rabizas e o típico compango que o acompaña, neste caso lacón, chourizo, costela... Inclúe o menú tamén auga, viño e pan.

Haberá á venda tamén café de pota e sobremesas representavivas da época de entroido que farán as delicias dos comensais.
Logo da cea, aproximadamente a partir das 23.00, terá lugar a actuación de Verónica Cambón, que amenizarará a noite. Unha vez remate esta artista, haberá música tamén ata ben entrada a madrugada.

As persoas que non conseguisen entrada para asistir á cea, poderán do mesmo xeito acudir alí para desfrutar da música. A Comisión de Festas poñerá unha cantina coa finalidade de recaudar fondos para a organización da Feira do San Rosendo, que se celebrará na propia vila o 4 e 5 de marzo.

As entradas para a cea están á venda ata o vindeiro día 23 de xaneiro nos locais comerciais e bares de San Miguel de Reinante, ou ben contactando cos membros da comisión de Festas.