Esta fin de semana será o Xove Costa Trail
Esta fin de semana, do 19 e 20 de marzo, celebrarse a nova edición do Xove Costa Trail na que a organización xa ten listo o programa e horarios das carreiras.
Este ano haberá novidades importantes, cambian as distancias e recorridos das carreiras. A longa pasa a ser XCT35K, aumentando o seu percorrido 10km e sendo circular, con saída e chegada en Xove. A curta para a ser a XCT18K, aumentando 3 km o seu recorrido e seguirá sendo lineal con chegada en Xove, e a andaina será de 12 km sendo circular en sentido contrario ás carreiras.
O Xove Costa Trail é unha carreira por montaña que transcorre na súa maioría do percorrido pola senda costeira do Camiño Natural do Cantábrico, desde a Praia de Portonovo percorrendo todo o sendeiro costeiro, para logo adentrarse hacia a parte interior do Concello de Xove por sendeiros e pistas forestais de uso público.
PROGRAMACIÓN
RECOLLIDA DE DORSAIS
- Venres 18 de 19:00 h a 21:00h. Pavillón Municipal (Trails-Andaina-Nen@s)
- Sábado 19 as 11:00h. en Faro Roncadoiro (Trails dos nen@s)
- Sábado 19 de 17:00 h a 21:00h no Pavillón Municipal (Trails 35K-18K-Andaina)
- Domingo 20 dende as 8:00 h no Pavillón Polideportivo de Xove. (Trails 35K-18K-Andaina)
CARREIRA
Sábado 19:
- XCT Nen@s:
- Xuntanza e ultima recollida de dorsais, na zona do Faro Roncadoiro (11:30h).
- Desprazamento particular a zona das carreiras.
- Saída das probas as 12:00h. Circuitos MiniTrails de Faro Roncadoiro e Monte Castelo. Meta no Faro Roncadoiro.
Domingo 20:
- XCT 35K:
- Xuntanza e ultima recollida de dorsais a partir das 8:00h. da mañan, no Pavillón
- Polideportivo de Xove (Centro Civico). Saída da proba dende o Centro Cívico as 9:00h.
- Chegada o Centro Civico de Xove. Carreira circular de 35 km.
- Andaina:
- Xuntanza e ultima recollida de dorsais na zona do Portiño de Portocelo (9:30h).
- Saída da proba dende Praia de Portocelo as 10:00h., chegada a Praia de Portocelo. Ruta Circular 12Km.
- XCT 18K:
- Xuntanza e ultima recollida de dorsais a partir das 8:00h. da mañan, no Pavillón
- Polideportivo de Xove (Centro Civico). Dende Centro Civico, desprazamento en autobús ata o punto de saída (Punta da Mansa) as 9:40h.
- Saída da proba dende A Mansa as 10:30h. Carreira lineal de 18 km.