Esta fin de semana será o Xove Costa Trail 2023
Esta fin de semana, 6 e 7 de maio, celebrarase a nova edición do Xove Costa Trail na que a organización xa ten listo o programa e horarios das carreiras. A carreira desglósase no trail dos nenos e a andaina de 13 quilómetros o sábado 6 de maio, e o trail de 16 e 27 quilómetros do domingo 7.
O Xove Costa Trail é unha carreira de montaña, que transcorre na súa maioría do percorrido, pola Senda Costeira de Xove e polo Camiño Natural do Cantábrico, o seu paso pola costa do Concello, dende a Praia de Portonovo, nos limites co Concello de Viveiro, ata a Praia de Morás, para logo adentrarse hacia a parte interior do Concello de Xove por sendeiros e pistas forestais de uso público.
O sábado comezará co XCT Nen@s, e ultima recollida de dorsais na zona de Punta Merixe ás 11.30 horas. A saída das probas será ás 12.00 horas co Circuitos MiniTrails de Punta Merixe e Sucastro . A Andaina será pola tarde ás 16.30 horas dende a Praia de Portocelo.
O domingo será a XCT 27K ás 10.00 dende a a praia de Portonovo, e a XCT 16K ás 11.15 horas dende o Faro Roncadorio.