Presentada a nova edición do Xove Costa Trail

AMariñaXa
Os organizadores do Xove Costa Trail xa teñen en marcha a nova edición da carreira, que este ano celebrarase o 19 e 20 marzo
Presentacion Xove Costa Trail 2022
10 Mar 2022

Presentouse o Xove Costa Trail, unha importante cita deportiva que este ano acada a súa terceira edición. Nesta presentación contouse, ademáis dos organizadores, cos alumnos e profesores do CEIP Pedro Caselles, os cales se desprazaron ata Vilachá, na Parroquia de Portocelo, e despois, todos xuntos fixeron unha camiñata ata o Faro de Roncadoiro.

A organización desta edición corre a cargo da ACD Xove e co patrocinio do Concello de Xove, representado pola concelleira Dolores Meitín, e da Secretaría Xeral para o Deporte / Fundación Deporte Galego, e a colaboración de RoqSport, Asociación Komando Xoviético e comerciantes de Xove.

O Xove Costa Trail vaise celebrar o sábado 19 e o domingo 20 de marzo de 2022, é unha carreira de montaña, que transcorre na súa maioría do percorrido, pola Senda Costeira de Xove e polo Camiño Natural do Cantábrico, o seu paso pola costa do Concello, dende a Praia de Portonovo, nos limites co Concello de Viveiro, ata a Praia de Morás, para logo adentrarse hacia a parte interior do Concello de Xove por sendeiros e pistas forestais de uso público. A carreira XCT 35 Km , ten un desnivel + acumulado de 1300 mtos aprox. e a carreira XCT 18Km , terá un desnivel + acumulado de 700 mtos aproximadamente.

O primeiro tramo de inscrición xa está pechado, e o segundo estará aberto ata o 15 de marzo ás 00.00 horas.

PROGRAMACIÓN

RECOLLIDA DE DORSAIS

  • Venres 18 de 19:00 h a 21:00h. Pavillón Municipal (Trails-Andaina-Nen@s)
  • Sábado 19 as 11:00h. en Faro Roncadoiro (Trails dos nen@s)
  • Sábado 19 de 17:00 h a 21:00h no Pavillón Municipal (Trails 35K-18K-Andaina)
  • Domingo 20 dende as 8:00 h no Pavillón Polideportivo de Xove. (Trails 35K-18K-Andaina)

CARREIRA

Sábado 19:

  • XCT Nen@s:
    • Xuntanza e ultima recollida de dorsais, na zona do Faro Roncadoiro (11:30h).
    • Desprazamento particular a zona das carreiras.
    • Saída das probas as 12:00h. Circuitos MiniTrails de Faro Roncadoiro e Monte Castelo. Meta no Faro Roncadoiro.

Domingo 20:

  • XCT 35K:
    • Xuntanza e ultima recollida de dorsais a partir das 8:00h. da mañan, no Pavillón
    • Polideportivo de Xove (Centro Civico). Saída da proba dende o Centro Cívico as 9:00h.
    • Chegada o Centro Civico de Xove. Carreira circular de 35 km.
  • Andaina:
    • Xuntanza e ultima recollida de dorsais na zona do Portiño de Portocelo (9:30h).
    • Saída da proba dende Praia de Portocelo as 10:00h., chegada a Praia de Portocelo. Ruta Circular 12Km.
  • XCT 18K:
    • Xuntanza e ultima recollida de dorsais a partir das 8:00h. da mañan, no Pavillón
    • Polideportivo de Xove (Centro Civico). Dende Centro Civico, desprazamento en autobús ata o punto de saída (Punta da Mansa) as 9:40h.
    • Saída da proba dende A Mansa as 10:30h. Carreira lineal de 18 km.
0.11069416999817