Esta fin de semana comeza o primeiro concurso morfolóxico do cabalo de PRG de Lourenzá
AMariñaXa
Aprobada a moción para a creación do Primeiro concurso morfolóxico do cabalo de pura raza galega en Lourenzá
6 Out 2021
O Concello de Lourenzá acollerá o Primeiro concurso morfolóxico do cabalo de pura raza galega e a Exposición do cabalo galego o 10 de outubro no exterior do recinto feiral.
A xornada contará con varios concursos como o morfolóxico de eguas e cabalos e de poldros e poldras, así como será a presentación do proxecto Cabalo Marchador Galego.
Dará comezo ás 10.30 horas co concurso morfolóxico d oficial de eguas PRG e ás 11.30 horas será o de sementais. Xa ás 12.30 horas será o de poldros e acto seguido presentarase o Proxecto do Cabalo Marchador Galego.
Pola tarde serán as carreiras de andadura de 2 tempos, ás 16.00 horas, e de 4 tempos, ás 17.00 horas. Xa ás 18.00 horas será a entrega de premios dos concursos e das carreiras.