Valentín Coto, SD Ribadeo: “Somos un dos clubs que máis aporta á vida deportiva“

AMariñaXa
Falamos con Valentín Coto é o novo presidente da SD Ribadeo, que arrinca a tempada cunha nova directiva elixida o pasado mes de maio.
SD Ribadeo nova directiva 2022
28 Ago 2022

Por Ana Somoza López.

Valentín Coto é o novo presidente da SD Ribadeo.

A SD Ribadeo arrinca a tempada cunha nova directiva elixida nas eleccións celebradas o pasado mes de maio. A nova directiva está formada por 9 nais e pais de nenas e nenos pertencentes ao club, que deron un paso adiante ante o risco de disolución da entidade e ao non presentarse ningunha outra candidatura.

Como naceu o club?

A SD Ribadeo naceu ala polo ano 2005 cando as Escolas Deportivas Municipais, para xestionar inicialmente ademáis do fútbol, as modalidades de fútbol sala, baloncesto e tenis de mesa.

Quen se atopa á fronte da SD Ribadeo? Cantos membros son?

Actualmente o Presidente da SD e Valentín Coto Perez, sendo a secretara Maria Jose Tella  Costa, a tesorera Mª Visitación Docobo Lopez e Vogais Angel Lopez, Oscar Otero, Manuel  Bautista, Ruben Diaz, Pablo Cartoy e Edixon Zambrano. Todos pais e nais de nenos que xogan  no Clube.

Como afrontan esta nova tempada?

Os obxetivos non son outros que continuar coa labor de formación dos rapaces e das rapazas  que xogan na S.D., que disfruten xogando o futbol e que estean orgullosos de formar parte de  este Clube. Logo a nivel deportivo, gustarianos manter o equipo Xuvenil na liga Galega e  intentar acadar algun ascenso cos equipos cadete e infantil ou alevin.

De que logros se sinte máis orgullosos?

Pois para un clube coma o noso ter un equipo en Liga Galega e un éxito muy importante, pero  sentimonos orgullosos de todos e cada un das picaras e picaros que compoñen a SD, así como  de todas e todos os anteriores directivos e os entrenadores que forman e formaron parte do  Clube desde a sua creación.

Cantos equipos e xogadores hai actualmente?

Actualmente tenemos preinscritos sobre 160 nenos e contamos arrancar con 9 ou 10 equipos  en todas as categorías dende o Xuvenil hasta o prebenxamin. Aproveito a oportunidade que  nos dades para recordarlle a todos aquelos menos e nenas da Mariña e do Occidente de  Asturias que queiran disfrutar do futbol coa SD Ribadeo que ainda están a tempo de anotarse  a través do formulario da nosa web enviando un email a sdriabdeo@sdribadeo.info

Cales son os proxectos máis inmediatos que teñen en mente?

Os proxectos que temos en mente pasan por unha modernización integral do Clube, tanto a  nivel instalacions, como en material deportivo e organizativamente. A tal fin instauramos a figura de un Director Deportivo, Ruben de Castro, entrenador co titulo  UEFA PRO, e con amplia experiencia en este tipo de asuntos que con toda seguridade nos  auxdará a acadar que os xogadores da SD obteñan os mellores resultados nas respectivas  categorías e que disfruten a vez que aprenden e se forman na práctica do futbol.

Que aporta o club á vida deportiva de Ribadeo?

É indudable que somos un dos clubes que máis aporta á vida deportiva de Ribadeo con mas de  150 nenas e nenos inscritos na SD e tamen quero destacar os Torneos que se fan nos veranos. en diversas categorías e que fan que veñan centos de participantes coas suas respectivas  familias enchendo os hoteis e restaurantes da vila.

Que necesidades teñen?

Pois fundamentalmente campos de adestramento, mellora nas instalacions cedidas o Clube,  roupa deportiva para os xogadores e material. En breves iniciaremos unha serie de reunions con empresas de Ribadeo e diferentes entidades  co fin de recabar o seu apopio en forma de patrocinio para a temporada que se aveciña.

Contan con apoio municipal? Para manter o club, para facer actividades, etc.

Sí e temos que agradecer o Concello de Ribadeo especialmente, e a Xunta de Galicia e  Deputación de Lugo, as axudas e subvencions que nos dan para manter o Club funcionando,  está claro que nos gustaría que estas axudas foran mas cuantiosas e importantes e para eso  manteremos diversas reunions o largo dos próximos días cos responsables de cada unha das  administracions sinaladas.

Que nos pode dicir da afección?

Como nas anteriores tempadas pedimoslles a todas as nais e pais dos nenos e nenas que  xogan na S.D. o seu aopio, tanto a hora de axudar na organización dos partidos, gestión das  cantinas, limpieza de vestuarios etc… coma animando ós seus equipos dentro de un clima de  educación e respeto como sempre teñen feito ata agora.

0.21792197227478