ACD Xove: “Queremos manter nas escolas toda a diversidade deportiva“
Por Ana Somoza López.
José Manuel Blanco González é o presidente e tamén fundador da ACD Xove.
Quen se atopa ao fronte da asociación?
O fronte da ACD Xove, encontrase unha serie de pais, que alá polo ano 2002, decidiron crear a entidade, para darlle o Concello de Xove unha variedade deportiva e cultural, con destino a nenos de entre 3 e 18 anos.
Quen é o presidente?
Son eu o presidente e fundador da entidade, Jose Manuel Blanco González, e o único directivo cofundador xunto co presidente e que forma parte da actual Directiva, é o tesoureiro, Ovidio Rouco Otero. O resto de xunta directiva está formada por: Francisco J. López Fernández como secretario, Miguel Fra Fra como vicepresidente, e Inés Díaz Campo, Oscar Mejuto Pardo, José Ángel García González como vogais.
Canto tempo leva no cargo?
O actual presidente e tesoureiro levan 20 anos, pois a ACD Xove, fundouse estatutariamente o día 12 de xuño de 2002.
Cales eran os primeiros obxectivos?
Pois ao principio queríamos unha maior diversidade deportiva e cultural. Ademais a idea era tamén crear unha gran entidade deportiva que poidera satistifacer todos os intereses dos veciños de Xove.
Que tipo de actividades fan?
Contamos con escolas deportivas e culturais, e tamen organizamos toda clase de eventos deportivos. E temos escolas deportivas de: atletismo, bádminton, baloncesto, fútbol sala, karate, patinaxe, tenis de mesa, xadrez, xogos predeportivos, pilates, fitdance, surf, e tamen con escola de teatro e escola de pintura. Tamén temos un grupo de senderismo composto por mais de 100 persoas. E organizamos tamén eventos deportivos como carreiras populares, Día da Bici, XoveCostaTrail, etc....
Cantas persoas forman a asociación?
A asociacion esta formada por unhas 200 familias asociacidas, as cales pagan unha cota mensual de 10 euros, que se pagan de forma semestral, e lles da acceso a todas as actividades que a sua idade llo permita.
E de nenos participantes?
En total son uns 230 alumnos os que participan este ano nas actividades.
Cantas categorías hai no club actualmente?
As categorías son de nenos dende os 3 anos ata os 18. Tamén temos actividade para adultos, como pintura, sendeirismo, pilates...
Cales son os obxectivos hoxe en día?
Os obxetivos son os de manter a actividade en todas as escolas, e seguir tendo unha ampla diversidade deportiva, para que todos os nenos poidan ter a sua oportunidade.
Como se mantén unha asociación como esta?
A ACD Xove, mantense coa cota de socios, cunha subvencion municipal do Concello de Xove, e cas donacions de varias casas ou entidades comercias da comarca. A asociación ronda un orzamento de preto de 50.000 mil euros.
Como se presenta a vindeira tempada?
A vindeira tempada esperamos seguir na mesma liña de traballo e contar con equipos de competicion en fútbol sala, baloncesto, patinaxe, atletismo, bádminton, tenis de mesa , xadrez, así como organizar unha nova edición do XoveCostaTrail.