Fran Rodríguez, loitador de brazos: "A loita de brazos é un deporte que necesita difusión e que medre a afección"

AMariñaXa
O ourolés Francisco Rodríguez é o presidente do único club de loita de brazos en Galicia, e é o máximo expoñente deste deporte na comunidade galega.
Ourol lucha de brazos (7)
13 Jun 2021

O ourolés Francisco Rodríguez é o presidente do único club de loita de brazos en Galicia, e é o máximo expoñente deste deporte na comunidade galega.

Por Ana Somoza López.

Como comezou?

O tema dos pulsos gustábame moito xa desde cativo e normalmente botábamos pulsos por ahí cos amigos pero sen regras, e a raíz disto decidín apuntarme a un campionato para probar e ver como era e foi nese momento cando descubrín a loita de brazos. Despois disto comecei a base de ver vídeos e a facer algún adestramento cun compañeiro.

Porque formou o club?

Porque en Galicia non había absolutamente nada sobre este deporte así que decidinme a crear a asociación polo 2016. Comezamos creandoa o meu irmán Iván e Noel Pernas.

Cantos integrantes ten o club?

Actualmente seremos uns 10, pero fai un par de anos chegamos a algo máis de 15. Pero co tema da pandemia baixou a competición e o poder reunirnos.

Que tipo de adestramento necesitase?

Hai que facer exercicio específico sobre todo para traballar a man, o agarre, os dedos e sobre todo os xiros da muñeca. Hai que adestrar todos os días.

Como son as competicións?

En España actualmente este deporte non está federado xa que piden requisitos como que haxa unhas 30 asociacións, e non hai tantas. Nos competimos a través da Asociación Española de Lucha de Brazos, pero hai centos de competidores, por exemplo en Cataluña, hai moita tradición quizais porque comezaron con isto nos anos 90, e tamén en Madrid hai moitos competidores.

Tan so compiten homes?

Non. Compiten mulleres, nenos, xente maior, xente con mobilidade reducida, etc. Hai moitas categorías: infantil, junior, máster, grand máster, sénior grand máster, adaptado e mulleres e todos elas con categorías para os dous brazos. Tamén hai un Campionato e unha Copa de España, pero despois hai campionatos rexionais. O 20 de novembro deste ano será o XXIX Campionato Nacional en Cidade Real.

Forza ou técnica?

Pois un pouco das dúas, pero é mellor ter técnica que forza. Hai que aplicar a técnica á forza que ten cada un.

Cal foi o pulso máis longo?

O máis longo duraría uns 30 segundos e o máis rápido centésimas, é dicir, o arbitro está dicindo que xa podemos comezar e xa se escoita o son da man contra a mesa.

Alguna anécdota?

Lembro a primeira vez cando chegamos a competir e que non tiñamos absolutamente idea de nada, era todo novo para nós, e nese campionato quedei primeiro en principiantes, cuarto na Copa de España e foi moi curioso porque ningúen o esperaba.

E conta con moitos trofeos?

Eu son 9 veces subcampión de España, 3 en campionato nacional e 6 na Copa. Tamén son Campión en Portugal e 15 no mundo. Meu irmán Iván tamén foi campión de España. E no club hai algunha muller campiona.

Onde practican?

No noso caso o Concello de Ourol cedeunos un local en Vilares no que puxemos varias mesas para adestrar e pesas.

Contan con moito apoio?

Nós non contamos con grandes patrocinadores, o Concello axuda un pouco e atopámos algún patrocinador para as camisetas, pero non é suficiente como para costear o viaxe ao Mundial por exemplo, onde tiven que estar 9 días en Bulgaria. É un deporte que necesita difusión e tamén patrocinadores, pero ademais o que queremos é que medre a afección.

Ourol lucha de brazos (6)
ourol lucha brazos 11

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18252015113831