Aitor Freiría, Club Balonmán Panadería Covas: "O importante é vir probar, divertirse e ademais coñecer o deporte"
Por Ana Somoza López.
Aitor Freiría, é a cabeza máis visible do Club Balonmán Panadería de Covas pois é presidente, xogador e adestrador
Por qué escolleu xogar ao balonman?
Todo comezou na miña vila natal, en Porriño, da man do actual presidente do Club de Balonman local, Abel Estévez, cando tiñamos uns 7 anos díxolles aos meus pais que nos levaran aos meus irmáns e a min ata o pavillón a probar e ver se nos gustaba.
Seguides xogando opu no mundo do balonman?
O meu irman xemelgo Adrián tivo que deixar de xogar por motivos persoais cando comezou a pandemia pero agora colabora con nos de adestrador do equipo sénior para que eu poda xogar con eles. E Diego, o noso irmán pequeno, el era porteiro e deixou definitivamente de xogar
Como empezou no club?
Eu cheguei a Viveiro no 2016 e incorporeime como xogador, e xa fai 3 anos que me tocou ser presidente do Club. Tamén adestrado ao equipos sénir e os da base. Pero cando me metín na presidencia retireime de xogador aínda que na tempada pasada tiven que retomar o xogo porque tivemos varias baixas.
Cando comezou o club?
O club comezou no ano ano 1986 da man de Perfecto A. Parapar e José M. González Alves, xogadores na tempada anterior no CB Xove, xunto con Enrique Villares, que na tempada anterior adestrar ao SDCR Penalba de Celeiro. Xuntaron a amigos para formar o club e darlle uso ao recén estreado pavillón municipal.
Como foron os primeiros pasos?
Os primeiros foron atopar un patrocinador, que daquelas foi o Restaurante Louzao, e despois foi confeccionar un equipo o suficientemente amplo para garantir un bo papel na categoría de 1ª de Absolutos e un equipo xuvenil que asegurase o futuro do club.
Contan con moitos títulos?
Títulos non temos, pero contamos cun magnífico logro e quizais o mellor, e foi que na tempada 2016-2017 ascendimos a 1º autonomica que é a nosa actual categoría na cal levamos 5 anos consecutivos. Tamén conseguimos quedar 5º na liga na tempada 2017-2018 e eso foi o maior hito.
É o unico da Mariña?
Si, dende fai moitos anos somos o único club da comarca e en sénior masculino o único de Lugo. Antigamente había un en Cervo que era onde estaba o antigo presidente Enrique Villares e un en Burela.
Contan con moitos xogadores? E equipos?
Actualmente temos en competición o equipo sénior e o cadete masculino e o benxamín mixto. Contamos con 45 xogadores de idades comprendidas entre 5 e 32, de feito o máis cativo é o meu fillo e o maior son eu.
Curioso feito, pai e fillo no mesmo equipo.
Si, o meu fillo comezou un pouco como min, viña conmigo aos adestramentos e de ver xogar aos pequenos pois animouse. Pasao moi ben e desfruta, que é o fundamental nesa idade.
Como ve a práctica de balonman na provincia?
Creo que somos a provincia con menos equipos e clubs federados e é triste pensalo. A verdade é que é unha mágoa. Eu creo que como non hai tradición deste deporte pois dase esta situación. Eu creo que unha das explicación é porque son vilas moi pequenas e hai moita distancia xeográfica entre elas e así é complicado.
Non hai moitos clubs, non?
Somos dous clubs, nós e o CP Lucense, ata fai un ano estaba o Lucus pero pola falta de xogadores unificouse co Lucense.
Proxectos de Futuro?
Nós antes da pandemia tiñamos a escola deportiva de Xove que estaba funcionando moi ben e contábamos con 13 nenos e 1 nena e por culpa da pandemia desapareceu. Pero agora solo temos a de Vicedo. Para o futuro a idea sería esparcirnos polas escolas deportivas dos diferentes concellos para ir sementando o balonman nos pequenos.
Un consello para os futuros xogares de balonman...
Pois sinceramente como deportista que son o meu consello e que se lles gusta o deporte en xeral o importante é vir a probar e divertise. Pero o máis importante é facer deporte e probar en calquer deporte e desfrutalo.