Julio Rocha, Praias de Barreiros CD: "Os obxectivos son os de facer unha boa tempada nas respectivas categorías"

AMariñaXa
Falamos con Julio Rocha, presidente do Praias de Barreiros, equipo mariñao de fútbol sala con dous equipos en moi boas categorías
julio rocha presidente praias de barreiros
7 Nov 2021

Por Ana Somoza López.

Falamos con Julio Rocha, presidente do Praias de Barreiros, equipo mariñao de fútbol sala con dous equipos, un en Terceira división e outro en Primeira autonómica

Quen se atopa ao fronte do club?

A cara visible son eu o presidente, Julio Jesús Rocha Eiras, pero contamos cun equipo directivo marabilloso e que afortunadamente é un grupo moi unido.

Canto tempo leva o Praias de Barreiros na competición?

O Club fundouse en data o 30 de marzo do 2014 cun grupo de veciños que arrincaron en Liga Provincial. Ascenderon ese ano a Autonómica Norte, e dende aí xa empezaron a chegar xogadores doutros concellos. Logo vivimos un maravilloso ascenso a Terceira na tempada 2017/18 quedando campións. E de momento mantémonos en Terceira.

Cantos equipos ten?

Temos dous equipos sénior. O masculino que se atopa competindo en Terceira división e o feminino,que a finais de outubro comenza a liga de Primeira autonómica.

Cales son os obxectivos para esta nova tempada?

Os obxectivos para calquera dos equipos é facer unha boa tempada na suas respectivas categorías, e tentar quedar do medio da táboa de clasificación cara enriba.

Como valora a experiencia nestes anos?

Sendo honestos, estamos orgullosos do traballo que chegamos a facer cando tiñamos un grupo importante de deportistas no club, aínda que a día de hoxe tan só teñamos os dous equipos sénior. Temos que ser realistas e ver que nos atopamos nun Concello que ronda os 3.000 habitantes, pero que sempre nos apoiou.

Que é o que destacaría destes anos?

Os compromisos de deportistas e afición.

Como foi este ano covid para o club?

Este ano foi unha experiencia agridoce, mantivemos os dous equipos, o masculino xogou a liga, pero casi por non desengancharse do futsal, por que casi nin apetecía competir. No tocante ao equipo feminino, fixéronse todas as fichas para que puideran adestrar.

Cales son as principais necesidades ou carencias do club?

Supoñemos que o de a maioría, o financiamiento, xa que nos tempos que nos toca vivir non é fácil manter as axudas e temos que agradecer á xente que segue aportando incluso nos momentos difíciles.

O ano pasado o club comunicou a súa desaparición pola falta de compromiso e apoio por parte do Concello, como seguen as cousas?

Pois si, así foi, pero de feito seguimos a petición dos xogadores, aínda que a decisión xa estaba tomada para comunicar en asemblea. Pero nunha reunión informal, pediron que o fixéramos por eles, e a verdade e que nos deron moitas alegrías a todos, e casi estábamos obrigados a facelo por eles.

Co Concello a relación é de respeto mutuo, nos seguimos cos equipos sénior por que co equipo humano que temos a día de hoxe non podemos aspirar a máis.

juio rocha presidente praias de barreiros
0.18636298179626