Entréganse os premios do II Campionato de Coctelería

AMariñaXa
Nas Xornadas da Hostalería da Mariña lucense que inclúe un showcooking, charlas, catas e presentacións
Premios-cócteles-2
27 Nov 2024

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou na entrega de premios do II Campionato de Coctelería e Xornadas da Hostalería da Mariña lucense, que acolle o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias de Ribadeo.

A programación inclúe un showcooking de produtos locais do mar e da terra con Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida, ademais de charlas, catas, presentacións e entrega de trofeos. O IES de Foz tamén exhibe neste evento a calidade das ensinanzas relacionadas co mundo do café que se imparten nos ciclos de Hostalería do centro

0.16413903236389