Entregan os premios do Torneo de Pádel + Tenis de Ribadeo

AMariñaXa
Foi organizado polo Club de Tenis Ribadeo, que contou coa colaboración do Concello e da Xunta de Galicia
Torneo-de-Pádel-Tenis-de-Ribadeo
27 Ago 2024

Máis de 30 persoas participaron no Torneo de Pádel + Tenis, que se disputou en Ribadeo do 19 ao 25 de agosto. Foi organizado polo Club de Tenis Ribadeo, que contou coa colaboración do Concello ribadense e da Xunta de Galicia. Na entrega de premios aos gañadores participaron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.

“Estamos moi contentos de que o Club de Tenis Ribadeo recuperase esta cita, que levaba uns cantos anos sen celebrarse”. Silvent felicitou á organización deste evento, “para o que sempre contarán co apoio do noso Concello. Fomentar a práctica deportiva entre adultos e nenos e os seus valores son os nosos obxectivos”.

0.17182087898254