Entregan os premios ás máscaras costumizadas de Foz

Foz
AMariñaXa
Xa hai gañadoras dos premios do concurso de customización de máscaras organizado polo Concello de Foz dentro do programa de Entroido.
mascara costumizada foz
mascara costumizada foz
17 Feb 2021

As gañadoras dos premios do concurso de customización de máscaras organizado polo Concello de Foz dentro do programa de actividades de Entroido son Lucía Pacio Iglesias e Azahara De la Peña González, en categorías de adultos e infantil respectivamente.

Ademais mañá, xoves, abrirá ao público a exposición sobre o Entroido focense que está instalada no Cenima. Poderá visitarse ata o día 28 deste mes, respectando todas as medidas sanitarias anti-covid.

0.18628811836243