Entregados os premios do torneo de petanca das festas patronais de Ribadeo

AMariñaXa
O concelleiro de Deportes de Ribadeo coñeceu de primeira man o Club de Petanca e mantivo un encontro cos seus responsables.
150923 Foto entrega premios petanca Ribadeo
16 sep 2023

A concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, participou na entrega de premios aos gañadores do torneo de dupletas organizado polo Club Petanca de Ribadeo, que se desenvolveu con motivo das festas patronais.

A parella gañadora foi a formada por Carmucha e Basilio, o segundo posto foi para Isabel e Alfredo e o terceiro para Delfraco e López.

Desde o Concello felicitan aos gañadores aos que animan a seguir practicando este xogo tradicional. E desde o Club Petanca aseguran que seguirán a promocionar este deporte con novos torneos e fan unha chamada á veciñanza para que se achegue a pasalo ben.

0.10966205596924