Entregados os premios do concurso de Caretas de Entroido de Xove 2024

AMariñaXa
O alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín fixeron entrega dos premios do concurso de caretas de Xove.
ENTREGA PFREMIOS CONCURSO DE CDARETAS ENTROIDO
14 Mar 2024

A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove, fixo entrega dos agasallos aos premiados no Concurso de Caretas de Entroido que puxo en marcha en xaneiro deste ano 2024.

Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos e rapaces de Xove, en especial aos alumnos do Ceip Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenoss de 3, 4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO.

En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios deste concurso consisten en material escolar.

Na categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos), os gañadores foron Xare González Celaya, María García Val e Zoe Sierra Escobar. Na categoría 1º e 2º de Primaria, os premiados foron Anaïs Romero Suárez, María Moreira Rego e Celia Maseda Peña. Na seguinte categoría de 3º e 4º de Primaria os gañadores foron Jesús López Franco, 2David Burgos Peloche e Gabriel Miramontes Atanes. En 5º e 6º de Primaria os agasallados foron Óscar Bértolo Casabella, Blanca Casariego Mariño e Álvaro García Casabella. E na categoría 1º a 4 º de ESO foron Carla Casabella Puñal, Marcos Mariño Ferrería e Paula Sánchez Pernas.

0.16371989250183