Entregados os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023 de Ribadeo

AMariñaXa
Entregados os premios ás gañadoras e gañadores do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023 na súa fase local.
Ribadeo Foto entrega prem copia
Ribadeo Foto entrega prem copia
4 Xuño 2023

Na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho tivo lugar o acto de entrega dos premios ás gañadoras e gañadores do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023 na súa fase local.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, felicitounos: “quero aproveitar a ocasión para felicitar ás gañadoras e aos gañadores deste Certame convocado pola Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho. E quero animalos a seguir escribindo e debuxando, a que sigan facendo da arte un dos piares do seu día a día”.

A edil ribadense engadiu: “e tamén quero agradecer a participación de toda a rapazada que se presentou ás distintas modalidades de categorías do Certame, xa que o número achegouse aos 700 traballos”.

Os gañadores son:

Narración categoría A (ata 8 anos)

  • “Eu e os libros”. Cidre Nonide García (7 anos). CEIP Gregorio Sanz.
  • “Ana e a biblioteca encantada”. Ana Ares Arias (8 anos). C. Sagrado Corazón.
  • “A biblioteca máxica”. Mencía Carmen López Álvarez (8 anos). C Sagrado Corazón.

Narración categoría B (9 a 11 anos)

  • “Os amigos inseparables”. Nerea Sobrado Gasalla (11anos). CEIP Gregorio Sanz.
  • “Libros para xogar, libros para vivir”. Nicolás Pérez Pravia (10 anos). C. Sagrado Corazón.
  • “Libros para xogar, libros para vivir”. Valeria Reimundo Fernández (11 anos) C. Sagrado Corazón.

Narración categoría C (12 a 16 anos)

  • “O marcapáxinas”. Lucía Lastra Pérez (15 anos). C. Sagrado Corazón.
  • “ A beleza do descoñecido”. Jimena Campo Arias (15 anos) C. Sagrado Corazón.
  • “A reventa”. Pablo García Legazpi (15 anos). C. Sagrado Corazón.

Debuxo categoría A (ata 8 anos)

  • Valeria Rancaño Malnero (7 anos). C. Sagrado Corazón
  • Leire Posada García (8 anos). C. Sagrado Corazón.
  • Leah Ferreiro García (7anos). CEIP Gregorio Sanz

Debuxo categoría B (9 a 11 anos)

  • Valentina Staske Rubio (10 anos) CEIP Gregorio Sanz
  • Lola García Meitín (10 anos). CEIP Gregorio Sanz
  • Javier Gutiérrez López (11 anos). CEIP Gregorio Sanz

Debuxo categoría C (12 a 16 anos)

  • Marala Pérez-Magdalena Villar (15 anos). IES Dionisio Gamallo Fierros
  • Claudia Loureiro García (16 anos) IES Dionisio Gamallo Fierros
  • Iria López Arias (16 anos) C. Sagrado Corazón
0.18853998184204