Entregados os premios de postais do Concello de Lourenzá

AMariñaXa
Os nenos e nenas de Lourenzá foron recibidos por Papá Noel nos baixos da casa do Concello.
24 dic 2022

Os nenos e nenas de Lourenzá foron recibidos por Papá Noel nos baixos da casa do Concello. Previamente visitou o Centro de Día e despois percorreu as rúas de Vilanova subido a unha Vespa con sidecar.

Durante esta recepción foron entregados os premios do concurso de postais convocados polo Concello. O gañador foi Esteban Edrosa López, de 5° de Primaria. Levaron accésits Icía Fraga Vidarte, Nour-Han Boufeljat e Aroa Díaz Ventoso.