Entregados os premios aos gañadoras do Certame de poesía e postais de Nada de Burela 2024

O Concello de Burela clausurou a exposición do Certame de poesía e postais de Nadal cun acto no que se fixo entrega dos premios aos nenos e nenas gañadores da edición de 2024. Durante as últimas semanas, a Casa da Cultura municipal acolleu esta mostra, onde se exhibiron as creacións participantes, poñendo en valor a creatividade e o talento artístico dos máis pequenos do municipio, que elaboraron poemas e postais inspiradas no Nadal.
O acto de clausura serviu para recoñecer o esforzo e a dedicación dos escolares, que recibiron diplomas acreditativos polos seus traballos. Na categoría de postais de Nadal, os galardóns distribuíronse por niveis educativos. En Educación Infantil os premios foron para Martina Cociña Lestao (CEIP Virxe do Carme), Marina Lara Pérez (CEIP Vista Alegre) e Luz Gonçalves Santomé (CEIP Virxe do Carme). Entre os alumnos de 1º e 2º de primaria os recoñecementos foron para Naia Fontenla Suárez (CEIP Vista Alegre), Elena Álvarez Fernández (CEIP Vista Alegre) e Lidia Ares Fernández (CEIP Vista Alegre). Na categoría de 3º e 4º de primaria, os premiados foron Pedro Cociña Lestao (CEIP Virxe do Carme), Teo Domínguez García (CEIP Vista Alegre) e José María García Fra (CEIP Vista Alegre). Finalmente, en 5º e 6º de primaria os galardóns foron para Andrea Diéguez Ruíz (CEIP Fondo Nois), Clara Vázquez Cayón (CEIP Virxe do Carme) e Erlín Jean Pierre de la Nuez Cárdenas (CEIP Virxe do Carme).
No Certame de Poesía Infantil de Nadal, na categoría A (ata 8 anos) os recoñecidos foron Teo Domínguez García, Naia Fontenla Suárez e Leo Fraga Río, todos do CEIP Vista Alegre. Na categoría B (de 9 a 11 anos), os premiados foron José María García Fra, Sabela Braña Morán e Sara López Pena, tamén do CEIP Vista Alegre. Na categoría C (de 12 a 16 anos), os gañadores foron Jimena García Fra, Jimena Domínguez García e Jaume Fernández López, todos do IES Monte Castelo.
Este certame consolidouse como unha cita destacada dentro das actividades culturais do Nadal en Burela, fomentando a participación dos escolares e incentivando a súa expresión artística a través da literatura e a ilustración.