Entregadas as medallas das noites alternativas de volei praia do Concello de Cervo
TerraChaXa | AMariñaXa
12 Xul 2019
Entregáronse as medallas das Noites Alternativas de Volei Praia, organizadas pola delegación de Deportes do Concello de Cervo, que dirixe Davíd Rodríguez. Participaron 11 equipos e a clasificación quedou do seguinte xeito:
CATEGORÍA SUB 15: o primeiro posto recaeu no Kitipasa e o segundo, en Las Arenas.
CATEGORÍA SUB 17. Os primeiros, segundos e terceiros postos recaeron, respectivamente, nos Calamares a la romana, no 5G e no Cervo Deporte.
E na categoría Sénior, gañou Nacho Team, quedaron segundos os N.U. e terceiros Los Titos.