En Trabada festexan un magosto tradicional con cea, música e castañas de balde
AMariñaXa
Será o próximo 15 de novembro na Praza do Concello
31 Oct 2024
A Asociación Cultural O Picato e o Concello de Trabada celebran a tradicional festa deste tempo, o magosto. Será o próximo 15 de novembro, na Praza do Concello e contarán con carpa polas previsións meteorolóxicas.
Haberá servizo de barra, mesas e cadeiras para a gran cea dende ás 21.00 horas. Poderán degustar callos, pastelón de bonito e lacón asado. E non faltará a música que correrá a cargo de “El PUMA” nin as castañas asadas de balde.
Os tickets para a comida estarán á venda no Mesón Camiño Norte e no Spar Express Trabada.