En outubro comeza un novo curso das Escolas Deportivas Municipais de Foz
En outubro comeza un novo curso das Escolas Deportivas Municipais de Foz, así, continuarán como o fixeron o ano pasado, ofrecendo un programa atractivo cunhas condicións seguras, con protocolos de prevención da covid19 adaptados a cada actividade.
A concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez, anima a toda a rapazada a inscribirse neste novo curso das EDM, onde "facemos fincapé nos valores que transmite o deporte: esforzo, compañeirismo, superación, respecto, solidaridade... que son fundamentais no desenvolvemento persoal e social".
Haberá actividades de ximnasia rítmica e de coreodance que serán no pavillón Torques de Marzán. A ximnasia contará con 3 grupos os martes en horarios de 17.00 a 18.00, de 18.00 a 19.00 e de 19.00 a 20.00 horas; e o coreodane será os venres de 17.00 a 18.00 horas.
O pavillón do Ceip O Cantel acollerá o curso de patinaxe artística os luns de de 18.00 a 19.00, de 19.00 a 20.00 e de 20.00 a 21.00 horas e os xoves de de 20.00 a 21.00 e de 21.00 a 22.00 horas, e os venres haberá un curso de multideporte de 18.00 a 19.00 horas e un de tenis de 19.00 a 20.00 horas.
A actividade de teatro será na sala Bahía os mércores de 18.15 a 19.45 horas, e o centro social acollerá un curso de ballet os martes de 18.00 a 19.00 horas, e un de cerámica os xoves de 17.45 a 19.15 horas.
Deberase indicar a preferencia de actividade por orde poñendo unha como actividade preferente e outra como secundaria, e sucesivas.
Se algunha disciplina non resultara cun mínimo de inscricións, non se impartirá.
A inscrición realizarase a través do envío do formulario, debidamente cumprimentado, declaración responsable sobre as condicións de saúde, e a tarxeta sanitaria, ao enderezo de correo electrónico edmfoz@concellodefoz.es ata o 30 de setembro.
De existir máis inscricións que prazas nalgunha actividade, terán prioridade aqueles nenos/as que cursaran a tempada 2020/2021 das Escolas Deportivas Municipais de Foz, que estén empadroadas/os en Foz a data 15/09/2021 e cuxos proxenitores traballen, así como familias monoparentais ou monomarentais na mesma situación.
Resérvase un 20% de prazas a persoas en situación de vulnerabilidade, beneficiarias de programas sociais.
A cota de inscrición será de 15 euros ao mes por unha actividade e 17 por dúas ou máis. As familias numerosas terán un desconto do 50%.