En marcha a iniciativa 'De Catedral a Catedral' cunha andaina popular

AMariñaXa
Desde o Concello convidan á poboación a participar neste percorrido curto do Camiño Norte a Santiago
catedral-mondoñedo-fonte
30 Oct 2024

O vindeiro sábado día 2 de novembro, ás 11.00 horas daráselle a saída definitiva á iniciativa 'De Catedral a Catedral', de forma simbólica, cunha andaina popular.

'De Catedral a Catedral' ten por obxecto potenciar o Camiño Norte a Santiago, facendo saída dende Mondoñedo coa fin de conectar as dúas únicas catedrais que existen no Camiño Norte, en. A Catedral de Mondoñedo é a única que o peregrino pode atoparse entre Santander e Santiago. O vindeiro día 2 de novembro, celebrarase un acto en Mondoñedo, presidido polo Bispo da Diocese así como polo Alcalde de Mondoñedo, coa fin de dar a coñecer este proxecto.

Dos actos previstos, que darán comezo ás 11.oo horas, o acto estrela será a andaina popular con saída da Praza da Catedral de Mondoñedo e, seguindo o itinerario do Camiño Norte, subirá pola Rúa Rigueira ata San Caetano, dende onde se pode ollar toda a Cidade de Mondoñedo. Dende aí abandonarase o trazado xacobeo e voltarase a baixar a Mondoñedo, á Fonte Vella, polas estreitas rúas que se sitúan sobre ela.

Este paseo ten por finalidade potenciar este tramo do Camiño propoñendo unha peregrinación que pode facerse nunha semana. Con saída en Mondoñedo e un itinerario que propón fins de etapa en Abadín-Gontán, Vilalba, Baamonde, Sobrado, Arzúa, O Pedrouzo (Concello de O Pino) e remate, por suposto, en Santiago de Compostela.

Este proxecto, que nace da iniciativa popular, conta co apoio das diferentes administracións e, por suposto, do Concello de Mondoñedo, así como da Diocese Mondoñedo – Ferrol e considérase un factor de gran interese para a hostalería, restauración, comercio e turismo local e da contorna.

Por iso, dende o Concello de Mondoñedo quixérase trasladar á poboación a invitación a vir a participar neste acto e acompañar na andaina que terá unha duración estimada de 30 minutos para un percorrido estimado de 1,5Km.

0.17332196235657