En Cervo contan con Samaín e propostas para os máis pequenos
En Cervo contan con Samaín, achégase esa data terrorífica e desde o Concello teñen varias propostas para desfrutar en familia. Este 31 de outubro nas Escolas Vellas ás 19.00 horas ‘Historias con Susto para Durmir a gusto’, de Rilo & Penadique, organizada por Airiños do Xunco. Para o día 1 de novembro, na Casa do Mar en San Cibrao ás 19.00 horas ‘En Samaín toca… Maxia!
Xa o 2 de novembro tamén na Casa do Mar en San Cibrao ás 19.00 horas ‘Don Gelati’. O 3 de novembro no salón de actos da Casa do Concello ás 12.30 horas ‘Chafallas, a vendedora de fume’ e para rematar o día 4, as crianzas de 6 a 12 anos poderán gozar dun Obradoiro de Cómic para nenos e nenas ás 12.00 horas na Casa do Mar. Para esta actividade precisarán anotarse previamente ao whatsapp no 683 315 939.