Eco das Minas prepara para o 3 de xuño a súa VI Foliada A Pontenova

AMariñaXa
A asociación musical Eco das Minas da Pontenova prepara para o 3 de xuño a súa VI Foliada A Pontenova. será na praza dos Fornos
VI foliada pontenova 2023
VI foliada pontenova 2023
28 Maio 2023

A asociación musical Eco das Minas da Pontenova prepara para o 3 de xuño a súa VI Foliada A Pontenova. Previsiblemente será na praza dos Fornos durante todo o día.

A xornada comezará ás 11.00 horas cun obradoiro de aproximación aos bailes da Fonsagrada, a cargo de Adrián Méndez. E ás 13.00 horas coa actuación dos gaiteiros da zona, que neste caso son Desiderio, Nela, Modesto e amigos.

Xa ás 14.00 horas será a actuación do Cuarteto Fonte da Pedra de Lourenzá, que dará paso ao xantar.

Pola tarde, ás 17.00 horas haberá obradoiros de xogos tradicionais e billarda co equipo local Troitas Bravas, unha actuación infantil de maxia e globoflexia a cargo de Ian Richard Hamilton.

Ás 17.30 horas será a actuación da Chocolateira e do grupo de gaitas da Pastoriza, quenes actuarán ata ás 21.00 horas que será a merenda cea e despois a actuación do grupo Tanto nos ten e a foliada libre.

eco das minas foliada 2023 cartel completo
0.17691612243652