Dous ribadenses gañaron na categoría infantil masculina do campionato de tenis de mesa en Ribadeo

TerraChaXa | AMariñaXa
3 Abr 2019

Os ribadenses Javier López Menéndez e Raúl García Vizoso venceron na categoría infantil masculina do campionato escolar comarcal de tenis de mesa que se disputou no polideportivo municipal de Ribadeo o pasado sábado.
A proba contou con 120 participantes pertencentes a colexios de Foz, Xove, Riotorto e do club SD Ribadeo Tenis de Mesa, que foi o anfitrión deste campionato que organiza xunto ao profesorado dos colexios Martínez Otero e O Pilar, de Foz.
Equipos federados
Ao finalizar este campionato escolar comarcal, o pasado sábado no pavillón polideportivo ribadense disputáronse dous partidos de tenis de mesa de equipos federados do club local.
En Terceira Nacional o SD Ribadeo Carneiros TTPRO venceu por 4 a 1 ao Nautalia Viaxes, de Narón. Despois deste resultado os ribadenses colocáronse no segundo lugar da clasificación e xogaranse ser campións ante o equipo que é actualmente o primeiro, o AD Dubratambre, no último partido da liga, que se disputará este domingo, día 7, no municipio coruñés de Val do Dubra.
E en 2ª Autonómica o equipo local, Promesas TM Concello de Ribadeo perdeu por 3 a 4 fronte ao EMALCSA Grumico A, da Coruña.

0.22678804397583