Dous equipos de Celeiro, no máis alto do podio do Torneo de fútbol na rúa de Viveiro
AMariñaXa
A chuvia estropeou a celebración do I Torneo de fútbol na rúa 4x4 celebrado en Viveiro, que finalmente foi no pavillón Enrique Basanta.
21 sep 2021
A chuvia estropeou a celebración do I Torneo de fútbol na rúa 4x4 celebrado en Viveiro. De feito tivo que celebrarse finalmente no pavillón Enrique Basanta de Celeiro, aínda que nun principio estaba previsto facelo na pista de Lavandeiras.
Gran éxito de público, e gran satisfacción dos equipos participantes, que finalmente tiveron que reducirse ata 6 equipos participantes debido ao cambio de datas para non coincidir coa celebración do Resurrection Fest.
O equipos gañador foi o 6 Tope de Celeiro, seguido do Torrente, tamén da mesma localidade. A terceira posición ocupouna o Martes MD de San Ciprián. Finalmente, o mellor xogador do campionato elexido polos capitáns dos equipos participantes foi Javier, porteiro do equipo Torrente.