Deu comezo a segunda fase da mellora da rúa dos Matos

AMariñaXa
Deu comezo a segunda fase da mellora da rúa dos Matos do Concello de Burela O investimento ascende a máis de 60.000 euros.
burela rua dos matos obras
burela rua dos matos obras
17 dic 2022

Deu comezo a segunda fase da mellora da rúa dos Matos, segundo deu a coñecer o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández. O investimento ascende a máis de 60.000 euros. 

O edil contou que “no día de onte empezamos unhas obras de renovación do pavimento nos arredores do pavillón polideportivo, na rúa dos Matos. Isto ven completar unha primeira fase que xa fixera co primeiro tramo da calle cando renovamos tanto a banda de rodadura como os servizos que había alí, porque nos estaban dando moitos problemas de fugas de auga”.

Fernández Rey explicou “agora imos facer esta segunda fase nunha zona que é de formigón, que se atopaba bastante deteriorada e que daba mala imaxe, tendo en conta que por alí pasa moita xente que fai uso do pavillón polideportivo e do Ceip Vista Alegre. Quixemos así mellorar a seguridade e o firme daquela zona”.

O concelleiro de Obras indicou que “os traballos consisten na renovación do firme e aproveitando a obra procederemos á renovación da rede de abastecemento de auga como a rede de alumeado. A primeira actuación que fixemos quedará completada con esta segunda fase”.

Ramiro Fernández dixo que “o investimento ascende a 60.413 euros, a empresa que está facendo a obra é BCNOR, que é a que gañou o concurso público para facer este traballo. Decidimos facer estas obras nestas datas aproveitando que hai moito menos uso tanto do pavillón como dos colexios. Nalgún momento imos ter que cortar o tráfico e pensamos que estas datas son as máis idóneas, sobre todo desde que collan as vacacións as nenas e os nenos. Iso facilitará todo o que é o tránsito por aquela zona”. 

O edil burelés pediu desculpas polas molestias que se poidan ocasionar: “as obras sempre causan algún tipo de molestia, pedimos desculpas polas molestias que se poidan ocasionar. Pero penso que o resultado final vai ser moi positivo. Así daremos por finalizada a actuación nesa rúa dos Matos”.

burela rua dos matos obras 1