Destinan preto de 13.000 euros á mellora do albergue xuvenil de Area, en Viveiro
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinará preto de 13.000 euros a unha nova intervención no albergue xuvenil de Area, en Viveiro, co obxectivo de corrixir deficiencias detectadas nos baños das instalacións. Esta actuación súmase a outras que o Goberno autonómico executou nos últimos anos para a renovación integral do complexo e que supuxeron un investimento de preto de 650.000 euros. Os traballos incluíron a renovación completa do mobiliario, o cambio das ventás e das carpinterías exteriores, ou o cambio da cuberta de lousa para mellorar a eficiencia enerxética e as condicións de confort interior, entre outros.
A adecuación do albergue xuvenil permite que a instalación desenvolva durante os meses de abril e maio actividades de lecer e aprendizaxe non formal dentro do programa Primavera Xove, e que durante o verán se acolla tamén á oferta de campamentos que pon en marcha a Xunta. O campamento de verán de Area é tradicionalmente un dos máis demandados e ofrece aos participantes a oportunidade de desfrutar de actividades como vela, windsurf, wakeboard, kayak,