Desde o Concello de Barreiros poñen en marcha o programa Movernos no verán 2023
Desde o Concello de Barreiros poñen en marcha o programa Movernos no verán 2023, que conta con tres propostas distintas pero combinables entre si e co que sumar actividade física entre a mocidade (maiores de 12 anos) e persoas adultas.
Estas son espalda saudable, ximnasia de mantemento e ioga e teñen 1 hora de duración. As clases serán impartidas cun mínimo de 5 persoas inscritas e un máximo 16. Se o número mínimo de inscricións esixibles non se cubrira, a clase non se impartida.
O xeito para anotarse vai ser de maneira presencial no Rexistro do Concello de Barreiros desde este luns día 19 de xuño de 8.30 a 15.30 horas e ata esgotarse as prazas que se cubrirán por estrita orde de inscrición.
Toda a información podedes atopala na seguinte ligazón.