Demetrio Salgueiro, José María Fernández e Clemente Iglesias representarán ao PP na Deputación

TerraChaXa | AMariñaXa
Demetrio Salgueiro, José María Fernández e Clemente Iglesias, elixidos deputados provinciais do PP no partido xudicial de Mondoñedo
deputados pp partido xudicial mondonedo
23 Jun 2023

Os concelleiros populares dos concellos do partido xudicial de Mondoñedo elixiron como deputados provinciais por esta demarcación a Demetrio Salgueiro (alcalde de Xove), José María Fernández (portavoz popular en Trabada) e Clemente Iglesias (alcalde de Riotorto). Nesta demarcación, o PP conseguiu 90 concelleiros, o PSOE 66 e o BNG 36.

O Pleno de constitución da nova Corporación provincial saída das eleccións municipais do 28M xunto coa elección de presidente da institución e a súa toma de posesión celebrarase o venres 30 de xuño, ás 12.00 horas, no Salón de Plenos da Deputación. Previamente, o próximo martes 27 de xuño, a partir das 13.30 horas, terán lugar as derradeiras reunións deste mandato da Xunta de Goberno, das comisións informativas de Asuntos do Pleno e de Economía, Recadación e Especial de Contas, e do propio Pleno da Corporación con sesións extraordinarias para aprobar as últimas actas de cada un destes órganos.

0.16073989868164