Deceas de rapaces xogan en Cervo torneos de fútbol praia nocturnos

TerraChaXa | AMariñaXa
15 Xul 2019

O Concello de Cervo entregou as medallas das Noites de Fútbol Praia coa seguinte clasificación:
Na categoría SUB 12, o primeiro posto recaeu en Los Otakus, os segundos foro os Kitipasa e en terceiro lugar quedaron Os 5 de sempre.

Na modalidade SUB 15 o Rúa FC acadou a primeira posición, o Suances F.D.M. foi segundo e AEIOU terceiro.
En SUB 17, os primeiros clasificados foron os Scooot, mentres que Pucela es de primera obtivo a segunda posición e Os Monchis, a terceira.
Xa na modalidade Sénior, Dongoteo foi o gañador desta modalidade, mentres que os Scooot quedaron segundos e os Tocokos foron terceiros.
As Noites Alternativas volven o mércores, día 17 de xullo, coa xornada do patín. Os organizadores están inscribindo aos participantes na Praza dos Campos, entre as 20:30 e as 21:30 horas.
0.16905307769775