Darío Romero, do CB Celtas de Foz: “O equipo creouse para participar nos torneos da época estival”

Foz
AMariñaXa
Falamos co coordinador deportivo do CB Celtas de Foz, Darío Romero, un dos clubs con máis historia da Mariña e que está a conseguir éxitos
Celtas de Foz fotos 2023 1
21 Xul 2023

Por Ana Somoza López.

Darío Romero, coordinador deportivo do CB Celtas de Foz.

Falamos co coordinador deportivo do CB Celtas de Foz, Darío Romero, un dos clubs con máis historia da Mariña e que está a conseguir grandes éxitos.

Como e por que naceu o club?

No ano 1979 naceu da man duns mozos que se movían nos ámbitos da cultura, política e baloncesto. Así, crearon un equipo antes do verán para poder participar en torneos e despois de ver os éxitos obtidos na época estival animáronse a federar o equipo en outubro do mesmo ano.

Quen se atopa na directiva?

Somos un grupo de 12 persoas formado por ex-xogadores, xogadoras do equipo sénior feminino e mesmo adestradores do club, todos temos un denominador común, pasamos polo equipo dalgunha maneira.

Como afrontan esta tempada?

Con moita ilusión, co equipo sénior feminino adestrando categoría, primeira división, o equipo sénior masculino tamén en primeira división, ambos apoiados por dous equipos que levabamos moitos anos sen ter no club, júnior feminino e masculino, e que grazas á colaboración levada a cabo durante os últimos anos co CB Burela e o CB Ribadeo volve a ser unha realidade. Ademais, contaremos con equipos benxamín e alevín mixto, e como novidade poñemos en marcha as Escolas dos Celtas, para nenos e nenas dende 5 anos, unha aposta que nos fai moita ilusión e que era moi demandada.

Con cantos xogadores contan?

Entre todas as categorías contamos cuns 80 xogadores, e temos a ilusión de ampliar a cifra na vindeira tempada.

Polo club pasaron coñecidos técnicos?

Ao longo de todo estes máis de 40 anos houbo moitos técnicos locais que coñeceron os valores do deporte dentro do  club. Moitos  deles son técnicos de prestixio entre os que hai dous actualmente na ACB, Tito Díaz, adestrador do Breogán, e Marco Justo, que estivo ata o de agora no Lenovo e marcha ao Zunder Palencia. Tamén destacan outros como Manel Sánchez, internacional durante a súa etapa como xogador, Miguel Maseda, ex do OAR Ferrol, ou Antón Niñe.

E xogadores?

En canto aos xogadores tamén houbo moitos, pero destaca por riba de todos Esteban Gómez que foi capitán do Breogán e cando os Celtas xogaban na terceira categoría a nivel nacional era dos máis destacados da mesma.

Cales son os requisitos para formar parte?

O principal requisito é traer ilusión e ganas de aprender para formarse no baloncesto.

Como son os adestramentos?

Axeitados a cada categoría. En categorías iniciais intentamos aprender conceptos máis básicos e que á vez o pasen ben nos mesmos.

Contan con instalacións suficientes para competir?

A verdade é que non podemos queixarnos, a maioría dos equipos xogan e compiten en Marzán pero tamén temos a opción de adestrar no Colexio Martinez Otero, temos unha estreita colaboración con eles.

Teñen algunha necesidade?

A día de hoxe gustaríanos ter un marcador novo, máis moderno e que sexa de baloncesto, seguiremos insistindo.

Que proxectos teñen cara o futuro?

Mellorar o traballo de canteira, lograr que máis nenos e nenas xoguen ó baloncesto, e ter equipos dende 5 anos ata sénior sería o gran obxectivo. Por outro lado queremos aumentar o número de socios, a masa social do club é das mellores de Galicia.

Que é o que máis nos gusta do baloncesto?

O ambiente deportivo que se xera dentro e fóra da pista, ademais de todos os valores que transmite.

Algún consello para os que queren comenzar no mundo do baloncesto?

Que se animen a vir probar sin compromiso ninguno, os nenos teñen que probar diferentes deportes e logo decidir, por eso sempre lles invitamos a que se pasen por algún adestramento.

Organizan algún evento?

Por suposto. Contamos co Zorza Celtas no que vendemos racións de zorza e patacas e queixo con marmelo; o Cuidao con Tkachenko, que é un concurso de preguntas deportivas na que 16 parellas poñen a proba os seus coñecementos deportivos durante unha fin de semana no Namarinos e Muelle Bar; colaboramos co festival Festival VRAO poñendo servizo de barra no mesmo para obter algún beneficio para o club, e tamén o torneo Praias de Foz e que chega a súa terceira edición este ano.

Celtas de Foz fotos 2023 3
Celtas de Foz fotos 2023 2
Celtas de Foz fotos 2023 6
Celtas de Foz fotos 2023 4
Celtas de Foz fotos 2023 7
Celtas de Foz fotos 2023 5
0.23784208297729