Curso de formación de coidados dos máis maiores en Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
Terá lugar o mércores 12 de xuño ás 16.00 no centro sociocultural Avelino Díaz
Imaxe dunha persoa maior
Imaxe dunha persoa maior
10 Xuño 2024

O Concello de Riotorto mostra unha vez máis conciencia cos máis maiores e organiza un curso de formación para coidadores de persoas en situación de dependencia.

Terá lugar o mércores 12 de xuño ás 16.00 no centro sociocultural Avelino Díaz.

Para poder asistir é necesario inscribirse nos servizos sociais do concello de Riotorto, na praza das Rodrigas 1 ou no teléfono 982 346 222.

0.19217681884766