'Cultura Pequeniña' regresa en setembro a Alfoz cunha xornada chea de actividades

AMariñaXa
Obradoiros e espectáculos gratuítos para fomentar a creatividade e o entretemento en familia
alfoz cultura pequeniña
14 sep 2024

O programa 'Cultura Pequeniña' volve este mes de setembro con novas propostas para o público máis novo. O evento terá lugar o sábado 21 e ofrecerá dúas actividades principais, pensadas para que nenos e familias poidan gozar dunha tarde de aprendizaxe e entretemento.

A primeira cita será ás 17.00 horas na biblioteca, onde os pequenos de entre 3 e 12 anos poderán participar no obradoiro "Experimentos na Biblioteca". Esta actividade será totalmente gratuíta e non require inscrición previa, o que permitirá aos cativos descubrir o lado máis divertido da ciencia.

Máis tarde, ás 19.30 horas, o salón de actos acollerá o espectáculo "Supercoroza, na eira e na lareira", dirixido a un público infantil e familiar. Esta proposta mestura teatro e diversión, garantindo un final de tarde inesquecible para todos os asistentes.

O programa "Cultura Pequeniña" continúa a consolidarse como unha iniciativa de referencia para a difusión cultural entre os máis pequenos, ofrecendo actividades de calidade, educativas e lúdicas.

0.15324902534485