Cubelas celebra a súa festa na honra da Virxe das Dores o 21 de setembro

AMariñaXa
A parroquia ribadense organiza unha xornada de actividades, música e gastronomía para honrar á Virxe
Imaxe do cartel das festas de Cubelas
10 sep 2024

A parroquia de Cubelas, en Ribadeo, prepárase para celebrar o vindeiro sábado 21 de setembro a súa tradicional festa na honra da Virxe das Dores, cunha completa xornada que mesturará devoción, gastronomía e entretemento.

A celebración comezará ás 12.30 horas cunha misa solemne e a posterior procesión, acompañadas pola sesión vermú a cargo do Dúo Matices. A continuación, ás 15.00 horas, celebrarase a III Comida de Produtos da Horta e Gandeiría do Rural de Ribadeo. O menú inclúe fabada, tenreira asada con guarnición e patacas, sobremesa, café e bebidas, a un prezo de 26 euros para adultos e 13 euros para nenos de 3 a 10 anos.

A festa continuará pola tarde a partir das 19.00 horas, coa actuación do Dúo Matices e do Grupo Lecer. Para os máis pequenos haberá inchables, e para todos os asistentes, sorteos e sorpresas.

A organización da festa conta co apoio do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia, garantindo unha xornada festiva para todos os veciños e visitantes.

WhatsApp Image 2024-09-10 at 09.31.28
0.18308711051941