Cubelas celebra a súa festa na honra da Virxe das Dores o 21 de setembro
A parroquia de Cubelas, en Ribadeo, prepárase para celebrar o vindeiro sábado 21 de setembro a súa tradicional festa na honra da Virxe das Dores, cunha completa xornada que mesturará devoción, gastronomía e entretemento.
A celebración comezará ás 12.30 horas cunha misa solemne e a posterior procesión, acompañadas pola sesión vermú a cargo do Dúo Matices. A continuación, ás 15.00 horas, celebrarase a III Comida de Produtos da Horta e Gandeiría do Rural de Ribadeo. O menú inclúe fabada, tenreira asada con guarnición e patacas, sobremesa, café e bebidas, a un prezo de 26 euros para adultos e 13 euros para nenos de 3 a 10 anos.
A festa continuará pola tarde a partir das 19.00 horas, coa actuación do Dúo Matices e do Grupo Lecer. Para os máis pequenos haberá inchables, e para todos os asistentes, sorteos e sorpresas.
A organización da festa conta co apoio do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia, garantindo unha xornada festiva para todos os veciños e visitantes.