Cristian Expósito e Carla Trillo gañan a 15K A Mariña Banca Mediolanum

Foz
AMariñaXa
A IV edición da carreira 15K A Mariña Banco Mediolanum foi este domingo 19. E Cristian Expósito e Carla Trillo gañaron
ganadores carreira Cristian Expósito e Carla Trillo gañan a 15K A Mariña Banca Mediolanum
20 Jun 2022

Máis de 200 deportistas chegados de diferentes lugares de Galicia e Asturias déronse cita este domingo nunha nova edición da 15 K A Mariña Banco Mediolanum, que tras dous anos de parón motivado pola Covid 19 retomou a súa actividade de forma exitosa.

O numeroso público asistente puido ver como Cristian Expósito e Carla Trillo coroábanse como vencedores da que é xa a cuarta edición desta carreira que discorre entre os concellos de Foz e Burela.

A proba partiu ás 11:00 do centro Activity Center de Burela para, a partir de aí, realizar un percorrido espectacular de 15 kms pola Mariña Lucense ata chegar ás inmediacións da Praia da Rapadoira, na que estaba situada a zona de meta.

Na clasificación masculina acompañaron a Expósito no segundo e terceiro posto Noel Fernández e Carlos Sánchez. Mentres tanto, eran Ana González e Romina Reimondo quen cruzaba a meta en segunda e terceira posición feminina tras unha Carla Trillo que demostrou un gran estado de forma.

Todas aquelas persoas que quixeron formar parte do evento pero que non participaron na carreira, realizaron unha andaina polo mesmo percorrido con saída ás 10:00 horas.

A organización puxo ao dispor de todos os e as participantes un servizo de autobuses para poder retornar unha vez finalizado o percorrido ao momento de partida.

Cómpre destacar que nesta edición e impulsado por Banco Mediolanum, ademais da fila cero habilitada, un euro de cada inscrición foi doado á asociación ADACE para apoiar o gran labor que desempeñan en prol do deporte adaptado.

Tampouco faltou a presenza do xornalista deportivo Terio Carrera que un ano máis puxo voz a unha carreira que xa se converteu nunha clásica no calendario de carreiras populares en Galicia. O circuíto 15 K series Banco Mediolanum terá a súa seguinte parada o 2 de outubro na costa lucense coa 15 K “do atlántico” entre Oia e A Guarda.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19383597373962