Cris Andina leva a súa exposición a Ribadeo
As actividades da sexta edición do VI Festival de Jazz e Blues de Ribadeo comezaron na oficina de turismo ribadense coa inauguración da exposición de Cris Andina, especialista en fotografar artistas de teatro e músicos.
A edil de Cultura explicou nesta mostra, que estará aberta ao público ata o día 19 deste mes, a través dos ollos da fotógrafa ribadense Cris Andina “imos ver instantes, momentos, sentimentos tamén de moitos eventos culturais e de diferentes persoeiros sobre todo da música”.
Cris Andina comentou que a exposición “é como un disco recopilatorio de 7 anos que levo facendo fotografía de concertos. É unha pequena mostra para apoiar un pouquiño o festival de jazz porque ten que seguir a música e a cultura aínda que esteamos nuns momentos críticos”.