Costa Dorada e Principal estarán nas festas de San Adriano, en Lourenzá


San Adriano, en Lourenzá, celebra as súas festas na honra a Santa Filomena os días 6, 7 e 8 de setembro. O venres haberá unha cea a base de pobo e churrasco a partir das 21.30 horas e gran verbena coas orquestras Trébol e Magos. O programa continúa o sábado con misa e sesión vermú coa orquestra Costada Dorada que estará acompañada por Saudade á noite.
O domingo de novo haberá misa e sesión vermú a cargo do grupo de baile da asociación cultural Osorio Gutiérrez de Lourenzá e da orquestra Principal que tamén amenizará a verrbena xunto co Dúo Epo-K.
