Corenta veciños de Barreiros completan o Camiño Francés tras percorrer as etapas desde abril

Corenta persoas completaron o pasado sábado a oitava e última etapa do Camiño Francés, unha ruta que a Asociación Cultural Camiñantes e Camiños de Barreiros organizou por tramos durante varias fins de semana desde o mes de abril.
O presidente da entidade, José Manuel Gómez Puente, destacou que foi unha das etapas máis numerosas. 'Foi curta, pero intensa. Estar preto da Catedral de Santiago sempre dá un plus de enerxía', explicou. Os participantes asistiron á misa do peregrino na igrexa de San Agustín, xa que o altar maior da Catedral está en obras.
Gómez Puente subliñou tamén o carácter colectivo da xornada, que permitiu «compartir en harmonía e rematar o Camiño Francés», o percorrido que a asociación desenvolveu ao longo de 2026.
A entidade xa prepara a seguinte iniciativa para o vindeiro ano. Segundo anunciou o seu presidente, en 2027 os participantes percorrerán por etapas o Camiño Primitivo desde A Fonsagrada ata Compostela. A intención é realizar o primeiro tramo despois do Entroido e acompañar a actividade cun cocido.
Desde Camiñantes e Camiños animan a todas as persoas interesadas a estar pendentes da convocatoria para sumarse a esta nova proposta.